versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     
novas

FOTO

Instalan en Brión pasos de peóns elevados para mellorar a seguridade vial á saída da AG-56

[01/03/2009]

Os condutores que utilizan a saída de Brión da AG-56 e que acceden ao núcleo de Pedrouzos deberán extremar precaucións á hora de circular por esta estrada, xa que o Concello instalou nos últimos días varios pasos de peóns elevados para garantir a seguridade vial neste lugar, no que abundan as vivendas de nova construción, ademais da escola infantil, o colexio e o instituto.

Estes pasos elevados instaláronse despois de comprobar que numerosos automóbiles circulaban por este tramo a unhas velocidades excesivas, malia que se trata dunha zona urbana e con grande número de transeúntes. Este problema tamén afectaba aos vehículos estacionados en batería, que tiñan dificultades para incorporarse á estrada. Este sistema de seguridade vial tamén se incorporou no acceso a unha urbanización en Lamiño.

Enlace a La Voz de Galicia

Comentarios

Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:

Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 
[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion