versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión traslada e abarata o complexo deportivo previsto

[17/02/2009]

O proxecto de Vila Amalia queda en suspenso e construirase unha piscina climatizada con pistas de xogo no ámbito do colexio. O pleno de Brión deu luz verde ao inicio da tramitación do futuro complexo deportivo de Pedrouzos. Esta decisión supón un paso adiante en canto á construción da piscina e de pistas deportivas, pero desmonta o macroproxecto deportivo presentado para o terreo Villa Amalia, que se formulara como complexo deportivo de referencia para toda a bisbarra.

O novo proxecto supón o traslado da instalación á zona dos centros escolares, pero tamén un importante abaratamento de custos para as arcas municipais. Fronte a unha inversión compartida de 5 millóns en Vila Amalia, a piscina climatizada de Pedrouzos financiarase cun millón de euros da Deputación e outro medio millón que sufragarán a medias os concellos de Brión e Rois, que compartirán os seus servizos. O recinto acompañarase despois de pistas de adestramento deportivas.

Dada esta posibilidade, resultaba entón redundante a construción doutro complexo deportivo, con maior custo.

ZONA RESIDENCIAL

As 234 vivendas protexidas manteranse e poderían aumentar

O traslado do complexo deportivo do terreo Vila Amalia non influirá no plan de creación dunha ampla zona residencial de vivenda protexida. A parcela en cuestión, nas proximidades do cuartel vello da Garda Civil, acollerá 234 novas vivendas protexidas o proxecto das cales se recolle no Plan Sectorial de Vivenda. Esta cifra podería mesmo incrementarse xa que o Concello de Brión puxo máis chan a disposición da Xunta, aínda que por agora, a Administración autonómica non se pronunciou.

En canto ao prezo destas vivendas, non poderá superar, segundo o estipulado, o 30% dos ingresos que percibe o seu comprador.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion