versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Vila Amalia manterá 234 vivendas protexidas malia perder a piscina

[14/02/2009]

A área residencial contará con 55.527 metros en Pedrouzos e un investimento de 4,9 millóns. El Concello ofreceu máis chan para aumentar o número de pisos. O traslado do complexo deportivo proxectado para Brión do terreo Vila Amalia á zona escolar de Pedrouzos non influirá no plan de creación dunha ampla zona residencial de vivenda protexida. A parcela en cuestión, nas proximidades do cuartel vello da Garda Civil, acollerá 234 novas vivendas protexidas o proxecto das cales se recolle no Plan Sectorial de Vivenda.

A proposta inicial presentada xa hai anos polo executivo brionés que preside Xosé Luis García incluía unha parte deportiva, con piscina climatizada e pistas de pádel, que é a que agora se traslada ás inmediacións do colexio e o instituto, e unha residencial, que se manterá.

Polo momento, a Consellería de Vivenda aprobou xa a construción de 234 vivendas protexidas, non obstante espera que a cifra de edificacións poida incrementarse xa que o Concello de Brión puxo máis chan a disposición da Xunta, aínda que por agora, a Administración autonómica non se pronunciou e o único proxecto oficial é o considerado no plan sectorial.

O resto da parcela de Vila Amalia, na parte na que estaba prevista a construción do complexo deportivo, continúa catalogada como terreo para dotación pública, polo que espera tamén que o Concello anuncie nos próximos meses en uso social ao que será destinado o espazo.

A zona residencial de Vila Amalia conta cunha superficie de 55.527 metros cadrados e a construción das 234 vivendas protexidas e de prezo limitado (menos do 30% dos ingresos que perciba o comprador do piso), suporá unha inversión duns 4,9 millóns de euros. Ademais, segundo explicou o rexedor socialista, Xosé Luis García, reservaranse 24.000 metros cadrados de zonas verdes" e crearanse 147 novas prazas de aparcamento para veciños.

O DATO

30% do soldo
O prezo das 234 vivendas protexidas que se construirán na parcela Villa Amalia non superará o 30% dos ingresos que perciba o seu comprador.

147 aparcamentos
Ademais das vivendas, o proxecto contempla reservar 24.000 metros para zonas de ocio públicas así como a construción de 147 prazas de aparcamento.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion