versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A cidade deportiva de Brión custará un 62% menos do que se prevía e farase noutro lugar

[10/02/2009]

O proxecto do complexo ten 4,5 millóns de presuposto e sitúase xunto ao instituto outros acordos. O proxecto de cidade deportiva de Brión, anunciado como tal a finais do ano 2005 cunha inversión estimada de doce millóns de euros e a construción de 384 novas vivendas, adelgazou ata transformarse nun complexo deportivo presupostado en 4,5 millóns de euros, dos que unha boa parte sufragaranse con fondos da Deputación -financiará cun millón de euros a construción dunha piscina climatizada- e con medio millón que achegarán os concellos de Brión e Rois.

Ademais dos cambios na inversión final, o complexo deportivo previsto agora tamén cambia de situación. Nun primeiro momento a localización elixida era a coñecida como Vila Amalia, un terreo dunhas cen hectáreas nunha zona próxima ao acceso á autovía.

A nova localización tamén está moi preto da autovía, concretamente xunto ao campo de fútbol e moi preto do instituto e do colexio de Pedrouzos. O inicio do expediente deste proxecto foi aprobado onte por unanimidade pola corporación, que celebrou un pleno extraordinario para tal efecto. Durante o debate púxose de manifesto o cambio de situación do complexo deportivo e os dous grupos da oposición (PP e BNG) apoiaron a modificación. Os populares resaltaron que daban o si ao inicio do expediente e á apertura dun proceso de exposición pública, sen entrar a valorar as súas características. Pola súa banda, os nacionalistas sinalaron que agora queda por ver que vai pasar co proxecto deseñado para o plan parcial de Vila Amalia e tamén se interesaron pola continuidade de Rois no proxecto.

Superado o visto bo de onte, o proxecto será sometido agora ao procedemento administrativo de información pública, durante o cal se poderán formular alegacións.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion