versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

María Pilar Freire Esparís: Unha familia nova quere un rural atractivo

[10/02/2009]

Os estudios de Piar Freire conclúen que a permanencia de estruturas familiares complexas caracterizaron durante longo tempo a sociedade agraria tradicional, en especial en Brión e Padrón en menor medida.

- Vostede estudou no seu último libro as estruturas familiares do rural galego e mantén que presentan unha peculiaridade ¿En que consiste esta singularidade?

- Ao contrario doutras zonas de España, en Galicia as familias que están integradas por matrimonios de maiores, máis novos e os fillos destes constitúen unha media moito máis elevada que no resto da comunidades do Estado. Son familias máis amplas e complexas.

- ¿Esta característica séguese dando actualmente?

- Se. De feito o equipo de investigación no que me integro acaba de realizar un traballo entre os anos 1997 e 2007 e seguen persistindo os trazos característicos desta familia tradicional galega con avós, fillos e netos e mesmo agora é máis frecuente que estas familias complexas sexan máis longas e máis estreitas xa que co incremento da esperanza de vida hai catro xeracións.

- ¿Pódese falar dun modelo galego de familia?

- Non exactamente. É certo que se consideramos Galicia no seu conxunto e as súas cifras globais, efectivamente detectamos que hai unha porcentaxe de familias complexas máis alto que no resto de España. Isto non quere dicir que o comportamento de todo o territorio galego sexa igual. Por exemplo, Ourense tivo unhas porcentaxes bastante máis reducidas. Por iso, non se pode falar dun modelo xeneralizado.

- ¿En que medida pode incidir a crise económica actual na familia rural?

- Falar disto é moi arriscado. De feito, o descenso da natalidade xa experiméntase dende fai algo máis dunha década. Entón nese sentido non hai nexo de unión. Podemos pensar que a crise vaia conservar esas familias complexas ou troncais, porque sabemos o valor económico das persoas lonxevas pola contribución das súas rendas; pero tratar de aventurar algo máis é unha predición moi difícil de realizar.

- ¿De que xeito se pode reinventar o campo galego?

- Volver á vella institución familiar crea que é tremendamente complicado. Porque hoxe non é doado entender esta familia na que se intentaba acaparar o máximo número de membros para conseguir a viabilidade da explotación agraria. Vivimos mentalidades e situacións demográficas e sociolóxicas diferentes. Hai algún tempo eu reivindiquei que para que fose atractiva a vida no rural o máis importante sería dotalo das infraestruturas necesarias: conexións a Internet, comunicacións, mellora nos servizos, especialmente para os máis novos.

- Imos un pouco máis polo concreto. ¿De que xeito xustifican Padrón e Brión estas estruturas?

- A elección destes dous concellos estivo marcada porque o que eu pretendía contrastar era un municipio cunha actividade dedicada exclusivamente ao sector agrario e outro que tivese outro tipo de actividades. A medida que fun avanzando na análise da investigación detectei como no caso de Padrón había unha importante actividade manufectureira: fábrica de curtidos, actividade téxtil, fábrica de lámpadas de Iria, os seus muíños e unha azucreira. Un conxunto de actividades que nos facían pensar que o comportamento das familias tería que ser marcadamente diferente do que sucedía en Brión, dado que esas familias en teoría non necesitaban esa forte concentración de membros porque se dedicaban a actividades distintas. En Brión, en cambio, a existencia dunha importante emigración provocou un forte desequilibrio no mercado matrimonial, unha nupcialidade restrinxida e unha baixa natalidade, combinada coa dedicación case exclusiva da súa poboación á actividade agraria e cun sistema agrario desigualitario. Isto, sen dúbida, determina unha grande complexidade familiar.

- ¿Como vive Brión, hoxe por hoxe, esas dúas partes tan diferenciadas, a alta e a baixa ?

- Eu creo que hai unha gran diferenza na dedicación da súa poboación. Pero que non se traduce de igual xeito nos servizos, penso que, nese sentido, están máis equiparados.

O PERFIL

Naceu no ano 1963 na parroquia brionesa de Luaña e neste concello cursou os seus primeiros estudios. Actualmente vive en Liñares (Rois).

Estudou Económicas na Universidade de Santiago e aquí continuou a súa traxectoria profesional. Na actualidade é profesor de Historia e Institucións Económicas na USC.

Está casada e ten dúas fillas.

As súas afeccións fundamentais son o cinema e a lectura. Sen distinción de xéneros

Acaba de presentar un novo libro, froito dun estudio sobre a familia rural nos concellos de Padrón e Brión.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion