versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión traslada a piscina cuberta ao ámbito dos centros escolares

[10/02/2009]

O futuro complexo deportivo compartido con Rois substitúe o de Vila Amalia. A posibilidade de recortar gastos na construción dun completo complexo deportivo levou ao Concello de Brión a modificar parcialmente o proxecto da infraestrutura prevista e trasladar a súa situación.

A iniciativa deportiva prevista para o terreo Villa Amalia, en Pedrouzos, e que se presentaba como unha proposta dotacional para toda a bisbarra, con piscina, pista de tenis e pádel, entre a súa oferta, substituirase por un novo recinto deportivo, lixeiramente máis modesto e notablemente máis barato para as arcas municipais. O Pleno de onte aprobaba por unanimidade o inicio dos trámites para a construción da piscina climatizada que se situará nas inmediacións do polideportivo, o colexio e o instituto e a 150 metros da autovía a Santiago.

A infraestrutura incluirá tamén un espazo deportivo con pistas de pádel e substituirá ao proxecto de Vila Amalia. A devandita decisión vén motivada polo plan da Deputación que financia nun millón de euros a piscina municipal, polo que os concellos de Brión e Rois, que en principio compartirán o servizo, se reparten o custo do medio millón restante. Dada esta posibilidade, resultaba entón redundante a construción doutro complexo deportivo, con maior custo ás arcas municipais, en Vila Amalia.

O rexedor brionés, Xosé Luis García, defendeu a conveniencia de admitir o inicio da tramitación e a exposición pública do proxecto, ante unha oposición que apoiou a proposta, pero que, dende o PP, avanzou futuras modificacións do proxecto, e dende o BNG, advertiu da posibilidade de que Rois se retire posteriormente do proxecto. García respondeu que "entón Brión se fará cargo" en solitario".

Plan de saneamento conxunto con Ames

A Corporación aprobou tamén a modificación da proposta de financiamento do colector compartido con Ames para o saneamento de augas. Tal como requiriu Augas de Galicia, modifícanse os prazos de financiamento municipal para axilizar os trámites.

Aprobación da normativa do Pleno

Así mesmo o Pleno deu luz verde definitiva ao regulamento para as sesións. Así, o pleno queda establecido para o terceiro mércores dos meses pares á unha de tarde e cada grupo poderá presentar unicamente catro mocións para debate en cada sesión.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion