versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión impulsa os trámites para dotarse dun complexo deportivo con piscina cuberta

[08/02/2009]

Situarase nunha parcela de 5.300 metros ao lado do colexio e o instituto. O de mañá será un pleno extraordinario municipal (13.00 horas) moi produtivo en Brión. E é que este municipio se quere dotar canto antes dunha piscina cuberta e un complexo deportivo, o que elevará a inversión a 1,5 millóns de euros. Xa ten un millón, que desembolsará a Deputación en forma de subvención, mentres que os 497.000 euros restantes serán achegados polos Concellos de Rois e Brión.

O pleno de mañá admitirá a trámite unha iniciativa privada para a construción e explotación en réxime de concesión desta obra pública. Este anteproxecto será exposto ao público para a presentación de alegacións ou mesmo tamén dalgún proxecto alternativo.

Trátase dunha obra para a que o Concello de Brión xa ten concedida dende o pasado mes de outubro unha subvención da Deputación Provincial de A Coruña cuantificada nun millón de euros, mentres que a cantidade restante será achegada polos Concellos de Brión e Rois, xa que os próximos veciños de Urdilde serán tamén beneficiarios destes novos servizos.

Todo isto situarase nunha parcela de 5.300 metros cadrados situados ao lado do polideportivo municipal. Ademais da piscina climatizada, esta infraestrutura contará con outras instalacións anexas, entre as que se contempla un ximnasio e estará situada nun ámbito privilexiado, ao lado do polideportivo, do colexio de primaria e do instituto de secundaria de Brión.

E, ademais, co valor engadido dun doado acceso por estrada, a uns trescentos metros da entrada e saída da autovía de Santiago a Noia. Esta situación facilitar o acceso tanto aos veciños de Brión coma tamén aos de Rois e, moi especialmente, dos seus núcleos poboacionais máis importantes: Pedrouzos e Urdilde.

No transcurso deste mesmo pleno extraordinario tamén se aprobará un cambio de regulamento na celebración dos plenos, que pasan a ser os terceiros mércores dos meses pares ás 13.00 horas e establace a metodoloxía a seguir na celebración das sesións e prazos que se establecen para a presentación de rogos, preguntas e mocións.

Tras a sesión extraordinaria que probará o concurso para a provisión da praza de secretario municipal, celebrarase outra convocada con carácter de urxencia para aprobar as achegas ao proxecto de abastecemento conxunto de auga con Ames, que precisará unha inversión de 819.300 euros a desembolsar das arcas municipais nos tres próximos anos.

A primeira fase deste abastecemento contempla a construción dunha estación de tratamento de auga potable no río Tambre así como un depósito de regulación de saída e unha estación de bombeo cun depósito de cabeceira en Agrón.

Posteriormente construiranse as conxeiones entre este depósito co situado en Castiñeiriño do Lobo (Ames) e ata o depósito de Brión, unha condución dun total de cinco quilómetros de lonxitude.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion