versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Nace en Brión un banco de tempo enfocado inicialmente para veciños da terceira idade

[05/02/2009]

O Concello de Brión uniuse ao listado de municipios do ámbito compostelano que puxeron en marcha bancos de tempo municipais para que os veciños interesados intercambien servizos sen custo económico ningún.

No caso brionés, a iniciativa municipal pon en marcha enfocada expresamente cara a persoas da terceira idade porque, segundo o Concello, é o colectivo no que esta iniciativa ten máis posibilidades de éxito.

Como primeiro paso, os alumnos dos talleres de memoria de Brión recibiron información de primeira man e, segundo o Concello, a iniciativa foi recibida con agrado.

Para garantir o bo funcionamento do futuro Banco de Tempo de Brión o Concello estableceu unhas normas mínimas, como fixar un máximo de dez horas ofertadas e demandadas, o que implicará, segundo o Concello, que «aquel que ofreza dez horas do seu tempo non poderá ofrecer máis ata que demande outras dez doutro veciño, e viceversa».

Os veciños recibirán nos próximos días información detallada do proxecto e un listado dos servizos que poden ofertar e tamén demandar. Entre eles destacan os do coidado de persoas maiores, atención a nenos e mascotas, traballos domésticos, ensino de habilidades, actividades de ocio, bricolaje e decoración, entre outros.

Os veciños interesados deberán cubrir unha instancia no Centro Social Polivalente de 9 a 12 horas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion