versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

«A estrutura familiar complexa perdurou máis en Brión que en Padrón» Pilar Freire Autora dun libro sobre a familia rural

[30/01/2009]

O cambio nas relacións familiares é o tema do libro A familia rural na Galicia contemporánea , do que é autora a profesora de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Económicas da USC Pilar Freire Esparís. A obra, que se presentou onte no Concello de Brión, toma como referentes os municipios de Brión e o de Padrón entre os anos 1850 e 1970.

-¿Por que estudou estes dous municipios?

-Unha razón fundamental é que teñen unha base documental demográfica e económica moi rica, e porque se trataba de dous concellos agrarios distintos, porque o de Brión é eminentemente agrícola, mentres que o de Padrón combinou ese sector cunha importante actividade manufactureira, industrial e de servizos. -¿Como mudaron as familias?

-Os cambios máis profundos son recentes. O caso é que segue habendo familias complexas, formadas polos avós, fillos e netos, pero hoxe xa é raro que permanezan na casa os parentes solteiros que antes si estaban nesa estrutura. Outro cambio é que se perdeu a figura do patrucio, o avó ou a persoa de máis idade que tiña o control familiar, que agora pasou á seguinte xeración, á máis nova.

-A sociedade marca os camiños.

-Si, en Brión reforzouse a complexidade familiar debido ao predominio da actividade agraria, reforzada pola forte emigración ate mediados do século XX, a baixa natalidade e un sistema hereditario moi desigual.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion