versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Brión e Negreira buscan medidas conxuntas para frear a drogadicción

[27/01/2009]

O ámbito escolar e a familia preséntanse como os principais obxectivos do programa. Concellos e forzas da orde pretenden complementar os seus esforzos e non se solapar.

A homoxeneización das actuacións de todos os organismos públicos e a complementación dos concellos e as forzas da orde na loita contra a droga para evitar que as súas competencias se solapen, foron as principais conclusións da reunión mantida a pasada semana por os integrantes do Plan de Drogodependencias de Ames, Brión e Negreira.

Nesta reunión, ademais dos rexedores dos concellos de Ames, Brión e Negreira, participaron efectivos da Garda Civil e Policía Local dos tres concellos. Todos eles coincidiron en que o ámbito principal de actuación é o escolar. Niso incidiu especialmente a psicóloga e técnica de drogodependencias de Ames, Sagrario Ferreira, que engadiu que o seu departamento está ademais moi preocupado polo ámbito familiar, "porque é moi difícil chegar a el". Neste sentido, fixo un chamamento ás ANPA e aos propios centros como canles fundamentais para o coñecemento dos datos.

A concelleira de Mocidade de Ames, Patricia Conde, sinalou, polo momento, que os concellos que forman este plan non dispoñen de datos estatísticos porque teñen unha marxe moi curta de actuación, xa que comezou a funcionar no pasado mes de outubro.

DE PRIMEIRA MAN

AS FAMILIAS. O alcalde de Negreira, Juan García Fuentes -mestre no colexio público O Couto de profesión- quixo implicar á cidadanía, familias e corpo docente na prevención da drogadicción.

A IDADE. A edil amiense, Patricia Conde, sinalou que con estes programas de prevención se pretende atrasar a idade de 15 anos xa coñecida en programas realizados noutros municipios.

PAIS EN ROIS. O colexio de Rois pide o apoio dos pais para alertar os seus fillos sobre o consumo de drogas nun programa que está promovido polo Concello.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion