versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destina os 778.000 euros do fondo estatal a mellorar 23 estradas e a traballos de saneamento

[27/01/2009]

O Concello de Brión decidiu inverter a maior parte dos 778.000 euros que lle corresponden con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos a executar melloras en 23 estradas locais. O resto desta asignación do Goberno central gastará en ampliar a rede de saneamento de augas residuais en catro núcleos, ademais de obras na escola de música.

Dentro do programa de mellora da seguridade vial, segundo os datos achegados onte polo Concello, os investimentos máis relevantes son as de aplicación de aglomerado quente entre o núcleo de San Salvador ata o termo municipal de Rois, ademais da ampliación de numerosas pistas para mellorar os accesos ás vivendas das áreas máis rurais do municipio.

O fondo estatal tamén servirá para destinar unha partida de case 325.000 euros á extensión da rede de saneamento dende Mato a Goiáns, ademais do fin das obras dos ramais de Estrar (Os Ánxeles) e Soutullos (San Salvador de Bastavales).

O acondicionamento interior da escola de música suporá un custo de 85.000 euros. Con estes fondos quedarán concluídas as tarefas de reforma do edificio que acollerá a futura ludoteca municipal, un inmoble no que recentemente se construíu unha segunda planta, o que fai necesario instalar servizo de ascensor. Cando as obras estean rematadas, o local quedará totalmente acondicionado para que volva utilizarse como sede da escola municipal de música.

Aforro enerxético

A partida máis reducida dentro do fondo estatal é a referida a un plan de aforro enerxético na rede municipal de iluminación. O presuposto supera os 65.000 euros, previstos para a reparación de puntos de luz estragados, ademais da instalación doutros novos nas urbanizacións Monte Devesa e Hortensia.

Este plan de mellora da rede de iluminación tamén chegará ao cruzamento de Os Ánxeles, así como aos núcleos de Tremo e o ámbito do río Pego. Segundo os datos facilitados polo Concello brionés, estas novas lámpadas de sodio «permitirán un importante aforro enerxético, estimado en case cen vatios por cada punto de luz».

O listado de obras de Brión foi aprobado pola Xunta de Goberno Local a pasada semana, xa que o prazo para a presentación destes proxectos era o pasado día 24.

Unha vez aprobadas as obras, correspóndelle ao Ministerio de Administracións Públicas revisar todas as solicitudes e dar o visto bo formalmente o listado de proyecots. Todos os investimentos aprobados con cargo a este fondo estatal deberán estar rematadas ao longo do ano próximo e deberán favorecer a creación de emprego.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion