versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Agreden a un mozo ao salvar dunha malleira a unha muller en Brión

[26/01/2009]

Foi golpeado na cabeza ao interpoñerse entre a vítima e a súa parella ·· Vai denunciar os feitos. Mentres o caso Neira aínda colea, a localidade brionesa de Os Ánxeles era marco dun suceso moi similar que aconteceu na madrugada do pasado venres ao sábado, cando Ricardo S.V., de 34 anos, recibía un golpe na cabeza ao mediar nunha disputa acontecida no lugar entre Monte Beado e a gasolineira. Segundo o relato que facilitaron as testemuñas, eran en torno ás 02.00 horas, e un grupo de amigos decatábase da presenza dunha furgoneta cruzada na estrada no punto antes mencionado. Ao achegarse para ver que acontecía, atoparon unha parella con rastros de sangue nos seus rostros en plena discusión. Nun primeiro momento, afirman, a súa intención era axudalos a retirar o vehículo da vía pública para evitar un accidente, pero a parella estaba noutro mundo.

"O home parecía moi alterado, e quería ir a pola muller; eu púxenme no medio, e cando me xirei para preguntalo á rapaza se estaba ben, sentín un golpe forte na tempa", asegura o agredido, que ten unha lesión nas cervicais, segundo o diagnóstico médico.

Ao lugar dos feitos acudiu a Garda Civil, que tomou declaración ao presunto agresor. Segundo transcendeu, trátase dunha parella coñecida no ámbito de Bertamiráns.

Pola súa parte, Ricardo S.V. denunciará hoxe mesmo os feitos. Afirma que "o único que non podo soportar é ver como un home lle pega a unha muller, e o que tiñamos moi claro, tanto eu como as demais persoas que estabamos alí, é que esa persoa ía a pola rapaza se non se lle paraba". Por o de pronto, asegura sentir molestias na zona do colo e as costas, pero que estaría disposta a volver o a arriscarse.

Moitas similitudes

En canto ao presunto agresor, non se puido saber se foi detido ou posto en liberdade con cargos, pero si que foi identificado esa mesma noite por unha patrulla da Benemérita do municipio. Sempre segundo as testemuñas que se dirixiron a este diario, o caso ten unha clara similitude co do profesor Neira, xa que o agredido recibiu o golpe mentres se atopaba de costas, aínda que con maior fortuna en canto ao resultado.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion