versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión ofrece aos seus veciños cursos gratuítos de galego de catro niveis do Celga

[23/01/2009]

O Concello de Brión abriu o prazo de preinscrición para os cursos de galego necesarios para conseguir o Certificado de Lingua Galega (Celga). Este título está dividido en cinco niveis, dos que o Concello oferta os catro primeiros.

Os interesados neste curso gratuíto poderán escoller entre dúas convocatorias. A primeira delas celébrase entre o 1 de abril e o 15 de maio, con clases de luns a venres, en horario de 19.30 a 22.00 horas. A segunda, terá lugar entre o 1 de outubro e o 18 de novembro, e os matriculados deberán asistir todos os días, de luns a venres, entre as 20 e as 22 horas. As prazas son limitadas, polo que interesados deberán apuntarse antes do día 25 de febreiro.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion