versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A ciencia é de carne e óso

[21/01/2009]

Francisco Anguita, prestixioso xeólogo e destacado profesor, ofreceu aos alumnos do instituto de Brión unha charla sobre a importancia da investigación. Os alumnos do recentemente estreado bacharelato de Brión gozaron onte dunha charla de luxo impartida polo prestixioso científico Francisco Anguita Virella, que estes días visita Galicia para participar en numerosas actividades didácticas como a que onte o trasladou ao salón de actos do instituto de Pedrouzos.

Anguita quixo falar aos estudantes do IES de Brión da importancia da ciencia, á que definiu como «o motor principal da nosa civilización» e da que destacou que o seu obxectivo final non é outro que «salvar o futuro». Por iso considerou altamente positiva a recente incorporación ao programa de estudios de bacharelato da materia de Ciencia para o mundo contemporáneo, xa que, segundo as súas palabras, este programa debe servir para «formar os cidadáns críticos que tanto necesita este mundo».

Para achegar a ciencia aos alumnos Anguita utilizou os nomes de numerosos científicos que nestes momentos investigan sobre a orixe e o nacemento do Universo, a evolución das galaxias e o cambio climático. Ademais, este conferenciante de excepción dedicou boa parte da súa charla, que se desenvolveu nunha linguaxe que non xerou dúbida ningunha e utilizando o pau dunha vasoira como punteiro, a falar sobre unha das principais incógnitas da nosa civilización: a posibilidade de que exista vida noutros planetas, unha dúbida que motivou o nacemento dunha nova disciplina científica: a exobioloxía.

«Revisable e provisional»

Foi ao abordar este asunto cando Anguita demostrou que a ciencia é, como dixo, de «carne e óso» con científicos máis ou menos rigorosos. No segundo dos casos incluíu o estadounidense McKay, que anunciou a localización dun meteorito de Marte con restos de bacterias, o que demostraría que o planeta vermello tivo vida. Este descubrimento, que se acompañou da promesa política de fondos para investigar tal achado, aínda non goza do referendo do resto da comunidade científica.

Máis alá de erros humanos e condicionantes económicos, Francisco Anguita tamén recordou que se algo define a ciencia é que se trata dunha disciplina «revisable e provisional», o que lle confire maior atractivo.

Durante a charla, os alumnos de Brión coñeceron o nome de persoas que nestes momentos traballan no observatorio das Canarias descubrindo planetas cada semana e tamén se achegaron á historia dun antigo alumno de Anguita, ao que definiu como un mal estudante pero que, grazas ao seu achegamento á ciencia, descubriu a súa vocación como explorador en busca de petróleo e que hoxe traballa para unha grande multinacional do sector «e vai en helicóptero a traballar».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion