versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión fomenta o inglés entre os seus veciños con talleres deseñados para alumnos de todas as idades

[20/01/2009]

Un total de 32 veciños de Brión de distintas idades poderán participar nos próximos meses nun programa de formación en inglés promovido polo Concello, que organizou clases en función da idade dos demandantes e do nivel previo de coñecementos desta lingua.

O plan de formación inclúe dous grupos de nenos de menos de 8 anos que recibirán clases entre o 2 de febreiro e o 31 de marzo cun calendario que reserva os luns e os mércores para alumnos de entre 6 e 8 anos, mentres que os matriculados de entre 3 e 5 anos poderán asistir a clases os martes e xoves dos dous próximos meses. As aulas están reservadas de 18.30 a 19.30 horas no centro social polivalente. O custo deste programa para os dous meses de clase é de 40 euros. A programación para maiores de 16 anos mantén o mesmo calendario e organízase en tres grupos en función do nivel de coñecemento da materia. Os prezos oscilan entre os 65 euros para alumnos veciños do municipio e os 85 para matriculados non empadroados en Brión.

O prazo de reserva de praza conclúe o 31 e a inscrición pode facerse na web briondixital.org ou no teléfono 981 509 908.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion