versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames únese a Negreira e Brión para tomar medidas de seguridade para previr as drogodependencias

[20/01/2009]

O Concello de Ames exerceu onte de anfitrión aos municipios veciños de Brión e Negreira cos que participa nun programa de prevención de drogodependencias que se puxo en marcha en outubro do ano pasado para a toma de decisións en coordinación coas distintas forzas de seguridade que operan nestes tres municipios.

O obxectivo deste programa é reducir os niveis de consumo de drogas nos tres municipios aplicando políticas preventivas entre os colectivos de maior risco e establecer medidas de seguridade e investigación policial para reducir o tráfico e venda de estupefacientes nestes tres concellos.

A primeira reunión deste programa celebrouse onte no salón de plenos de Bertamiráns e contou coa presenza dos rexedores de Ames, Carlos Fernández; Brión, Xosé Luís García; e Negreira, Juan Fuentes.

Tamén participaron representantes da Garda Civil dos tres municipios implicados e policías locais de Ames e Brión. No encontro participaron ademais técnicos en prevención de drogodependencias da Xunta de Galicia e responsables médicos sobre a mesma materia.

Segundo os datos facilitados polo Concello amiense, a reunión de onte serviu para poñer de manifesto a posibilidade de emprender investigacións conxuntas para combater o consumo de drogas.

Un discurso común

Un dos asuntos destacados da reunión foi a reiteración de que «é moi importante manter entre todos os mesmo discurso na transmisión de mensaxes preventivas» para reducir o consumo de drogas, que se centra sobre todo nos ámbitos escolar e familiar.

A reunión tamén serviu para que as persoas encargadas de executar este plan de prevención se coñecesen e analizasen as actividades e enfoques que se aplican en cada municipio para reducir o consumo de drogas.

A xestación deste proxecto arrancou o pasado mes de xullo do 2008 cando o Concello de Ames asinou un convenio de cooperación e cofinanciamento coa Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias. Este acordo materializouse na creación dun servizo que comezou a funcionar o 1 de outubro do pasado ano.

Tras a primeira reunión de onte están previstos novos encontros para facer un seguimento das actividades e para manter a coordinación entre os diferentes corpos de seguridade da zona.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion