versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Leccións para toda a vida

[16/01/2009]

Aos dez estudantes da USC que gañaron senllas bolsas para comprar na Praza de Abastos dende o luns que vén ata o 30 de xuño non lles queda máis remedio que se pasar polo mercado todos os días para facer as súas provisións. De non o facer perden os 5 euros diarios, e non acumulables, que lles entregan en vales cambiables en calquera dos establecementos do recinto. E deben recollelos os luns de cada semana nas oficinas da praza. Os gañadores destas bolsas de 120 euros ao mes son Alba Cid e Lucía Gómez, da Facultade de Filoloxía; Mercedes Freire e Antonio Freire, de Farmacia; Jesús Mosquera e Sergio Álvarez, de Química; Daniel del Río, de Xeografía e Historia; Orballo Trastoy, de Bioloxía; Ana María Sánchez, de Ciencias Políticas; e Alma López, de Filosofía. A entrega desta importante axuda, que recae en universitarios que son de fóra de Santiago que non a recibiron en convocatorias anteriores, e que ademais teñen unha media de expediente académico superior a dous puntos,tuvo lugar nun acto no que interviñeron o vicerrector de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, o presidente do Mercado de Abastos, José Fernández Rodríguez, e a xerente deste servizo, Marta Rei Burato. Trátase de promover entre os estudantes o consumo de produtos frescos, e por iso o lema do programa, que xa vai pola quinta edición, é Comer con xeito. Que é o que lles recomendan na casa.

As pataletas por defender con uñas e dentes un xoguete ou calquera cousa que os pequeñines saben que é súa dilúense como terróns de azúcre no café cando aprenden a compartir sen perder por iso a propiedade do prezado obxecto. Por iso a aprendizaxe ten que ser precoz, e na Escola Infantil Municipal de Brión puxeron en práctica a lección nada menos que cos regalos dos Reis Magos. A experiencia levárona a cabo onte con nenos e nenas con idades entre o ano e medio e os dous anos, que segundo a directora do centro, Dores Campos, teñen menos problemas en compartir as súas cousas que os de dous e tres anos. Cada un levou un xoguete cun pequeno texto escrito polos pais ou nais explicando quen fixo o regalo e as súas características, como unha forma de implicar os proxenitores na iniciativa. E funcionou, porque tras o desconcerto inicial entenderon de que ía a cousa e gozaron compartindo os seus tesouros. Pero este programa ten máis capítulos. A expectación que esperta un coche. Non foi unha visita de cortesía, senón máis ben de tipo social. Parte do equipo do Club de Baloncesto Rosalía e varios integrantes do equipo de Ciclismo Xacobeo, entre eles Ezequiel Mosquera, que é de Cacheiras, e Iván Raña, veciño de Ordes, asistiron á presentación aberta do modelo da terceira xeración do vehículo Toyota Avensis nas instalacións do concesionario e un dos patrocinadores de ambos os dous equipos, Compostela Móbil, que reuniu un público curioso e expectante.

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion