versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un enreixado de dous metros de altura evitará que os balóns do campo de Brión cheguen á autovía

[10/01/2009]

O recentemente inaugurado campo de fútbol de Brión dispón dende hai días dun enreixado perimetral para impedir que algún balón chegue á autovía, xa que estas instalacións deportivas se sitúan moi cerca da AG-56. A esta estrutura engádese unha segunda rede de seguridade de cinco metros de altura na parte máis próxima ao tramo da vía de alta capacidade para reducir o risco de que algún balón poida rematar nesta estrada.

As obras de reforzo da seguridade no campo de fútbol non serán as únicas que se executen nestas instalacións, xa que o Concello tamén conseguiu unha subvención de vinte mil euros da Deputación para cubrir as bancadas deste campo, dotado de herba artificial e construído tamén con cargo a fondos do organismo provincial. O presuposto destas obras rolda os sesenta mil euros, dos que o Concello aboará trinta mil euros.

A instalación destas valla xa foi anunciada o verán pasado tras a inauguración do campo e tamén foron reclamadas polo grupo do PP.

O deseño das bancadas e o tipo de proxecto previsto non impedirá o uso do campo de fútbol mentres duren as obras. A instalación desta estrutura permitirá rentabilizar mellor o campo, as bancadas do cal teñen capacidade para acoller máis de mil persoas. O recinto dispón dunha zona reservada para o aparcamento dos autobuses dos equipos dentro dunha zona de grandes dimensións habilitada como aparcamento estable.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion