versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os veciños de Viceso en Brión estrean o novo muro que protexe a igrexa parroquial

[11/01/2009]

Operarios municipais de Brión acaban de rematar as obras de reconstrución do muro perimetral da igrexa de Santa María de Viceso, nas que se inverteron 21.000 euros.

O novo muro ampliado -tras adquirir os veciños un terreo lindante- é de oitenta metros de longo por unha altura que oscila entre dous e catro metros xa que nalgúns lugares é de contención. Pero as obras non remataron aínda, xa que se mellorará o ámbito da igrexa cunha nova varanda de seguridade e mobiliario urbano.

A igrexa de Santa María de Viceso destaca pola súa fachada barroca e é de finais do século XVIII aínda que non se rematou ata cen anos máis tarde. Hai tres anos ampliouse o acceso á igrexa, que dispón de beirarrúas e unha ampla calzada de entrada ao recinto relixioso.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion