versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A planta potabilizadora para Ames e Brión atrasarase ata o 2011

[09/01/2009]

O pleno aprobou por unanimidade un cambio nas anualidades dunha obra que todos consideran prioritaria

A corporación de Ames aprobou onte por unanimidade unha reorganización das achegas económicas coas que este municipio debe cofinanciar a construción dunha planta potabilizadora que dará subministración de auga a este concello e tamén ao de Brión. O cambio no pagamento destas anualidades está motivado polos novos prazos que a Consellería de Medio Ambiente estableceu para este proxecto, o custo dos cales supera os oito millóns de euros e que cando estea rematado suporá que Ames e Brión dispoñan de auga potable para case o dobre da súa poboación actual e tamén estarán en condicións de subministrar tamén ao municipio de Negreira.

O acordo tomado onte implica que a anualidade establecida para o ano pasado, que sumaba máis de 160.000 euros, se cambia para o 2011, quedando as do 2009 e as do 2010, con máis de 325.000 euros, como estaban.

Baseándose neste cálculo, os partido da oposición (PP e BNG) coincidiron en afirmar, aínda que sen excesivos reproches, que isto implicará un atraso na execución da obra.

Pola súa banda, o rexedor amiense, o socialista Carlos Fernández, sinalou que o realmente importante é que a curto prazo o proxecto será unha realidade e afirmou que na petición que Medio formula para que o pleno cambie as anualidades queda claro que o proxecto está moi adiantado, o que supón «a confirmación dunha magnífica noticia».

En canto aos prazos, o rexedor matizou que cando se saque a concurso a obra é probable que as empresas que opten a este contrato reduzan os prazos de execución aínda que as asignacións económicas para financialas sexan tardías.

Unha vez aprobado o cambio no pagamento das anualidades, a tramitación da obra segue o seu curso. Nestes momentos, segundo recoñeceu o alcalde, as negociacións cos propietarios dos terreos están moi avanzadas pero non pechadas, o que abre a posibilidade de que aínda que se asinen acordos de ocupación de chan nas próximas semanas tamén é probable que nalgúns casos sexa necesario recorrer á expropiación de chan.

Fondo estatal

Tras o debate deste punto, os partidos analizaron a elección das obras de Ames con cargo ao fondo estatal. O BNG recordou que presentara unha moción hai semanas cando se descoñecía qué órgano debía aprobar os proxectos e sinalou que, dado que os investimentos xa as aprobara a Xunta de Goberno considerou lóxico que a súa moción non quedase incluída na orde do día.

O rexedor sinalou a ampla coincidencia entre as propostas do BNG e as obras aprobadas polo goberno local e o Partido Popular afirmou que non habería problema ningún para pechar un acordo de consenso.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion