versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Reparten seis mil bolsas de papel coa toponimia de Brión para coidar o medio

[06/01/2009]

Os comercios de Brión están a repartir entre os seus clientes bolsas de papel reciclado coa toponimia do municipio. O obxectivo desta campaña é dobre: que os consumidores coñezan mellor o lugar no que viven e tamén evitar o consumo de bolsas de plástico, un material moi contaminante, xa que en caso de que este material chegue aos ríos pode tardar ata 450 anos en desaparecer.

O Concello brionés repartiu seis mil unidades a principios da campaña de Nadal e invitou os veciños a reutilizalas nas súas compras. A iniciativa, bautizado co logotipo B rión, así nos coñecen... , púxose en marcha grazas á concesión dunha axuda económica da Consellería de Presidencia, que financiou a impresión do papel

Estas bolsas, de gran tamaño, levan impreso o nome de todas as parroquias do municipio de Brión coas súas respectivas localidades e tamén incorporan a nomenclatura das rúas que compoñen os principais núcleos de poboación: Pedrouzos, ou Tremo e Alqueidón.

Ademais das bolsas, o Concello brionés tamén repartiu calendarios co último número da revista municipal Altamira.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion