versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A ampliación da sede do Servizo de Emerxencias de Brión custou 133.000 euros

[06/01/2009]

Máis de 133.00 euros inverteu a Consellería de Presidencia, en colaboración co Concello, na ampliación das instalacións do Servizo de Emerxencias de Brión (Sebri), unhas obras que xa están finalizadas e que consistiron na construción dun novo edificio anexo ao existente ata o momento.

O novo edificio alberga un amplo parque de vehículos cos que conta o operativo brionés, entre os que destaca unha bomba urbana lixeira con capacidade para 2.000 litros de auga, segundo a información facilitada por fontes municipais.

Ademais, os traballos de ampliación das instalacións situadas no Paseo de Pedrouzos supuxeron, tamén unha importante mellora para os profesionais que traballan no Sebri, xa que as novas dependencias permiten albergar unha cociña, un almacén e un pequeno ximnasio para que os profesionais do servizo se poidan manter en forma, segundo os seus promotores.

Actuacións

Hai que indicar que durante o ano 2008 os integrantes do Sebri realizaron máis de 300 intervencións nos concellos de Brión, Ames, Negreira, Rois, Teo, A Baña e Padrón. As súas actuacións centráronse en incendios, accidentes de tráfico, excarceracións, rescates ou escapes de gas. A todo iso hai que sumar as intervencións cotiás, como os operativos diarios de apoio á regulación do tráfico á entrada e saída do colexio de Pedrouzos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion