versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión realizou máis de 300 intervencións en sete concellos durante o ano pasado

[03/01/2009]

O Servizo de Emerxencias de Brión (Sebri) pechou o ano con máis de trescentas intervencións repartidas polos municipios de Brión, Ames, Negreira, Rois, Teo, A Baña e Padrón. As principais tarefas asumidas polos membros deste servizo foron control de incendios, accidentes de tráfico incluídas as excarceracións de vehículos, rescates e escapes de gas.

A estas intervencións, o Sebri sumou traballos diarios de apoio á regulación do tráfico en Brión e á colaboración con outros servizos do ámbito metropolitano durante a celebración de festas e actividades con grande afluencia de público.

Obras de ampliación

Coincidindo co final do ano, este servizo de emerxencias, con sede no paseo de Pedrouzos, estreou novas dependencias tras recibir unha subvención de 133.000 euros da Consellería de Presidencia, un importe destinado a acondicionar unha cociña, un almacén e un pequeno ximnasio para o adestramento dos seus efectivos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion