versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O servizo de emerxencias de Brión amplía as súas instalacións

[03/01/2009]

O Concello de Brión e a Consellería de Presidencia concluíron as obras de ampliación das instalacións do servizo de emerxencias de Brión (Sebri), presupostadas en máis de 133.000 euros. Esta actuación permitiu a construción dun novo edificio, anexo ao actual no que dar cabida ao amplo parque de vehículos cos que conta o operativo brionés, entre os que destaca unha bomba urbana lixeira con capacidade para 2.000 litros de auga.

Así mesmo, a ampliación das instalacións situadas no paseo de Pedrouzos supuxeron ademais unha importante mellora para os profesionais que traballan neste servizo, xa que as novas dependencias permiten albergar unha cociña, un almacén e un pequeno ximnasio.

Ao longo do ano 2008, os integrantes do Sebri fixeron máis de 300 actuacións nos concellos de Brión, Ames, Negreira, Rois, Teo, A Baña e Padrón. ÁS intervencións en incendios, accidentes e excarceracións e escapes de gas, hai que sumar outros operativos máis cotiáns como regulación do tráfico ou recollida de animais mortos, así como o control de sumidoiros e mesmo recollida de lixos tras os mercados dos martes.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion