versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O resto de concellos traballan na redacción duns proxectos que referendarán sen debate plenario

[30/12/2008]

Teo converteuse no primeiro dos municipios de Compostela en aprobar as obras do fondo estatal de investimentos, xa que ata a data soamente Santiago validou os proxectos, ratificados o día 16 en Xunta de Goberno. Os demais teñen de prazo límite o 24 de xaneiro para darlles o visto bo.

O Concello que xa o ten claro é o de Brión. O seu alcalde, o socialista Xosé Luís García, confirmou durante o pleno previo ao da aprobación dos presupostos do 2009 que o montante recibido se destinaría a concluír a rede de saneamento no municipio e a executar obras como a primeira fase da escola de música. O único trámite que resta a este municipio é a aprobación definitiva das obras, un acordo que tomará a Xunta de Goberno Local.

En Boqueixón, o seu primeiro tenente de alcalde, Ovidio Rodeiro (PP), confirmou que desexan ampliar a rede de saneamento de augas residuais para cubrir todo o municipio, destinando o resto de fondos para melloras na rede viaria. Neste caso, Rodeiro sinala que non está decidido se os proxectos os referendará o pleno ou a Xunta de Goberno.

O rexedor orosino, Manuel Mirás (PSOE) confirmou tamén que as obras aínda non están aprobadas, aínda que si elixidas. Entre as actuacións previstas destaca a remodelación do polideportivo municipal. Mirás sinalou que estas obras as aprobará a comisión de asuntos do pleno e a Xunta de Goberno, aínda que non descarta que o faga o pleno, se coinciden os prazos.

En canto a Ames, Carlos Fernández (PSOE), sinalou que as obras se aprobarán en xaneiro e afirmou que todo apunta a que sexa o Xunta de Goberno o órgano que as ratifique baseándose nun bo número de proxectos xa redactados.

A aprobación en Xunta de Goberno evita o debate plenario e garante aos concellos en minoría (Ames, Teo e Vedra) a ratificación das súas propostas.

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion