versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destina o 31 por cento do presuposto a investimentos

[21/12/2008]

O Concello de Brión presentará mañá os presupostos para 2009, que superan por primeira vez na súa historia os dous millóns de euros no capítulo de investimentos reais, o que supón un 31 por cento do total. As contas ascenden a 6.748.008 euros, que é un incremento dun 4,14% en relación ás do ano anterior, segundo explicou o alcalde, Xosé Luis García.

O rexedor indicou que nas obras que se consideran nos presupostos destacan unha serie de proxectos como completar o saneamento e abastecemento de auga á totalidade dos núcleos do municipio, a rehabilitación da futura casa consistorial ou a mellora e ampliación de estradas en varias parroquias.

Así, se cifra en 906.000 euros a cantidade destinada ao acondicionamento de viais. "Neste plan imos acometer obras como a recta de San Salvador de Bastavales a Coruxido, a vía entre Liñares e a estrada xeral, a vía entre Mourentáns e a praia de Nináns ou a estrada entre Amañecida e A Graña", adiantou Xosé Luis García. Así mesmo, apuntou que se dedican 60.000 euros para reposicións derivadas do plan de travesías.

Ademais, o alcalde anunciou que outra das partidas máis significativas será a destinada a saneamento e abastecemento de auga por un importe de máis de 621.000 euros. As actuacións inclúen as aldeas de Saíme (San Xulián Bastavales), Cantelar (San Miguel de Boullón) e Cabanas, Gosende, Lago e Souto (todas elas na parroquia de Santa María de Os Ánxeles).

En canto a gastos destaca o capítulo de persoal que ascende a 2,1 millóns de euros, mentres que os gastos correntes alcanzan os 1,89 millóns.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion