versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello vai invertir 50.000 euros na mellora do paseo do río Pego

[27/12/2008]

O proxecto inclúe a limpeza da canle fluvial e a construción dunha senda peonil de 2,5 quilómetros. O Concello de Brión inverterá 50.000 euros no acondicionamento do paseo do río Pego, situado entre a estrada Santiago-Noia e o acceso á autovía. Os traballos incluirán a limpeza das marxes do río e da propia canle, da que se retirarán toda a maleza e as árbores caídas.

Os labores de limpeza terán lugar nunha área de 6.500 metros cadrados.

Así mesmo, os operarios municipais traballan estes días na habilitación dun paseo peonil, de aproximadamente 2,5 quilómetros de longo, que bordea o río Pego.

Ademais, o Concello actuará tamén noutro camiño que comunica coa urbanización Río Pego. Trátase dun vial cunha pendente moi elevada e que será rebaixada con chanzos que o fagan máis accesible.

Por outra banda, o Concello acometerá un par de actuacións para incrementar a seguridade vial na zona. Así, aquelas partes do muro de contención do río Pego que estaban danadas están sendo reparadas e instalarase un valado de protección de madeira arredor do parque infantil situado na zona.

O acondicionamento do paseo fluvial completarase coa colocación de diverso mobiliario urbano, entre o que se contemplan 8 bancos, 4 papeleiras e iluminación pública en tres áreas do paseo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion