versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno brionés aproba obras de saneamento e en parques infantís por 250.000 euros

[18/12/2008]

A corporación brionesa aprobou onte por unanimidade os proxectos que formarán parte do Plan Especial de Parques Infantís que promove a Deputación e as propostas de inversión dentro do denominado Plan Provincial de Cooperación que está en vigor ata o 2011.

A suma de fondos de todas as obras aprobadas en Brión rolda os 250.000 euros. O groso desta partida económica, con preto de 160.000 euros, corresponde á achega das arcas provinciais para estender a rede de saneamento de augas residuais polos núcleos de Saíme (Bastavales), Gosende e Souto (parroquia de Os Ánxeles). O custo final deste plan de infraestruturas ascende a 171.000 euros, o que implicará que o Concello asuma con fondos propios unha achega de 17.000 euros.

A estas obras en equipamentos, segundo informou onte o Concello, uniranse a extensión tamén da rede de saneamento en Cantelar, Lago e Cabanas, que xa estaban incluídas con anterioridade en Cantelar, Lago e Cabanas, cun presuposto final de 375.000 euros, dos que o Concello achega 337.000 euros.

Adaptación á normativa

En canto ao plan de parques infantís, unha iniciativa creada por vez primeira pola Deputación, o presuposto rolda os noventa mil euros, destinados á adaptación á normativa das áreas de xogos de Cornanda, o ámbito da igrexa de Bastavales, a escola unitaria de Os Ánxeles, Devesa de Gándara, Guitiande, o balneario do Tremo, Monte Devesa, Monte Beado, Agronovo, Vila Caracas, Sabaxáns, o ámbito do río Pego e o parque infantil situado tras a Casa do Concello, en Santa Minia.

Todos estes asuntos foron ratificados por unanimidade e sen a penas debate, que se centrou na quenda de mocións, rogos e preguntas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion