versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Teo, Oroso e Brión ofrecen plans de conciliación para 350 escolares

[17/12/2008]

As actividades arrancarán o próximo luns e continuarán ata a véspera do día de Reis. A chegada das vacacións escolares de Nadal e Reis, que arrancarán o próximo luns e continuarán ata o próximo 7 de xaneiro, leva implícita dende hai anos a organización por parte dos concellos de actividades para fomentar a conciliación familiar e laboral.

En estes momentos, e segundo os datos achegados polos concellos de Ames, Teo, Brión e Oroso, preto de 350 nenos de entre 3 e 12 anos gozarán a partir da próxima semana dun intenso e extenso programa de actividades de ocio que se desenvolverá, en liñas xerais, coincidindo co horario dos centros educativos.

Como en edicións anteriores, Ames é o municipio da área metropolitana con maior demanda deste servizo. Aínda que os datos son provisionais, o departamento de Educación de Ames adiantaba onte que polo menos 111 nenos de Milladoiro e o seu ámbito formalizaron a súa inscrición para o Nadal Lúdico. En canto a Bertamiráns, a demanda, tamén significativa, é menor, xa que hai máis de sesenta solicitudes. Aínda que o prazo de inscrición quedou pechado na tarde do pasado venres, a edila de Educación, Isabel Pereiro, recoñeceu onte que o número definitivo de inscritos aínda non está pechado, xa que existe a posibilidade de que cheguen ao Concello solicitudes presentadas por correo, e que nalgúns casos as familias solicitan cambios nos calendarios no último momento.

O segundo municipio en volume de demanda é o de Teo, con cen solicitudes, que se reparten en distinta proporción entre os centros educativos de Calo, A Ramallosa e Os Tileiros. No primeiro caso, o programa de conciliación beneficiará a 31 escolares, un número que aumenta ata 47 solicitudes para o colexio de A Ramallosa e descende a 32 no caso do centro educativo de Os Tileiros.

No municipio de Brión un total de sesenta nenos de educación infantil e primaria participarán no programa de actividades, que este ano cumpre dúas décadas de existencia. Este número descende ata os 15 escolares no caso da demanda xerada no municipio de Oroso.

En todos os casos, salvo no de Brión, o horario inclúe dende primerísima hora da mañá ata despois da comida, sempre e cando exista demanda dos servizos de almorzo e xantar, uns servizos que tamén afectan ao custo final da programación, o prezo da cal oscila entre os dez euros de Brión, cun horario de 10 a 13 horas, e os quince estipulados en Teo para o primeiro solicitante e cun horario que abrangue dende as 8 ás 14 horas, coa posibilidade de incrementalo ata as 15.30 horas e un custo diario de 3,5 euros polo servizo de comidas.

En canto a Oroso, os prezos para toda a programación oscilan entre os 30 e os 89 euros, segundo o número de horas de matrícula e se o usuario utiliza os servizos de almorzos e comidas.

O programa de Ames é o máis amplo en horario, xa que permite a posibilidade de inscribir os nenos entre as 7.30 e as 16 horas e inclúe transporte para o horario que abrangue de 9 a 14 horas. Os prezos establécense por día e servizo, con tarifas que abranguen os dous euros por xornada entre as 9 e as 14 horas e os 7,50 euros, se neste caso está incluída a comida, o que implica que o horario sexa ata as 16 horas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion