versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O novo avó de Brión, Manuel García, cumpre cen anos coa súa familia

[16/12/2008]

Vive en Pedrouzos e pasa a ser o único varón centenario do concello. O brionés Manuel García Novo cumpriu onte cen anos e converteuse deste xeito no decano do municipio e no único home centenario.

A pasada semana, Manuel celebraba esta data dunha forma moi especial, acompañado da súa numerosa familia nunha comida celebrada no restaurante compostelano O Rodicio, rexentado por uns parentes do homenaxeado.

AOS seus cen anos de idade, chama a atención especialmente que Manuel, que vive en Pedrouzos co seu fillo e a súa nora, atopa nunhas envexables condicións físicas e mentais.

Cando o tempo llo/llelo permite, a poder ser diariamente, Manuel dá longos paseos dun quilómetro. Unha das súas grandes afeccións é estar ao tanto da actualidade "Non lle pode faltar o xornal", din os seus familiares, engadindo que é un asiduo seguidor dos telexornais e das noticias de actualidade.

O Concello de Brión tamén quixo dalo o seu particular homenaxe a Manuel. O alcalde, Xose Luis García, e a concelleira Patricia Vázquez entregáronlle un regalo ao único centenario do municipio.

Manuel, carpinteiro de profesión, emigrou a América. Conserva aínda moita familia en Estados Unidos, que de feito celebraron unha festa no seu nome.

Home de profundas crenzas relixiosas, García Novo recorda cando en Bos Aires o criticaban por ir á igrexa. Sobre o seu futuro di: "Eu sei que estou de retirada pero non teño ningunha presa".
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion