versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cazan un exemplar extraordinario de xabaril de 164 quilos de peso en Brión

[16/12/2008]

O animal foi capturado en Mourentáns e o veterinario calcúlalle doce anos de idade. O couto de caza Altamira de Brión conseguiu sen dúbida unha das súas máximas fazañas nos montes do concello. Un extraordinario exemplar de xabaril de nada menos que 164 quilos de peso foi capturado por unha cuadrilla de doce homes nunha das batidas habituais que realizan cada domingo. Así o explicaba días despois o secretario do couto, Florentino Casal: "Por esta zona é o máis grande que vimos con moita diferenza", que aínda non ocultaba un sorriso de satisfacción ao recordar o trofeo obtido no lugar brionés de Morentáns. Florentino recorda que máis dun dos membros do grupo de doce homes que participaban na cuadrilla aseguraron que nunca viran cousa igual. "É posible que por outras zonas ou outros concellos de Galicia, por exemplo na zona de Lugo, haxa exemplares deste tipo, pero aquí en Brión nunca", afirma.

Florentino Casal sinalou que polo seu tamaño, o seu peso e as súas características, o veterinario calculou a idade do animal en 12 anos, o que resulta dobremente peculiar, toda vez que o habitual é que a idade dos xabarís cazados polas batidas oscile entre un e tres anos.

O secretario do colectivo de cazadores sinalou que o animal foi obxecto de todas as análises e que está en perfectas condicións. Engadiu ademais que pretenden disecar a cabeza do xabaril e que xa han mantidos contactos co Concello para colocar este trofeo e nalgún lugar que sirva de recordo á cazaría esta cazaría.

Sobre a maior ou menor presenza de xabaril nos montes, Florentino Souto sinalou que "hai moita diferenza, hai máis xabaril agora". A perda de monte baixa polo abandono do campo, e a falta de sementeiras para as perdices, provocaron un aumento da caza maior, o que provoca que en máis dunha ocasión o xabaril campe aos seus anchas.

Outro exemplo similar aconteceu no Concello de Teo. Neste caso, a cuadrilla Os de Lampai abateu nunha xornada catro xabarís nos terreos que foron queimados polos incendios acontecidos en agosto do ano 2006.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion