versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión entra no club dos cen

[11/12/2008]

O alcalde homenaxea ao primeiro centenario, o seu tío Manuel García Novo, veciño de Pedrouzos e vinculado á emigración. Cen anos é todo un século enteiro, pero cumprilos e vivilos a vida chea é toda unha fazaña non ao alcance de todos. De feito, Brión entrou o luns no club dos cen pois un dos seus 6.233 veciños -Manuel García Novo- é o primeiro centenario do concello, todo un acontecemento histórico.

Para celebralo con todas as honras, o alcalde socialista Xosé Luis García e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, non dubidaron en acudir onte á casa de Manuel García Novo, veciño de Pedrouzos que o 8 de decembro cumpriu os seus primeiros cen anos.

A concelleira e o alcalde brionés -sobriño do homenaxeado- entregáronlle ao primeiro centenario do concello un vistoso reloxo, un obsequio que agradeceu.

Aos seus primeiros cen anos Manuel García Novo atópase en excelentes condicións físicas e mentais. Reside co seu fillo e unha nora en Pedrouzos, a capital de Brión por onde pasea un quilómetro todos os días que o tempo o permite, sobre todo en primavera e verán.

Emigrado durante moitos anos en Arxentina, conserva aínda numerosa familia en Estados Unidos, que o luns tamén celebraron o aniversario no seu nome.

Home de fondas crenzas relixiosas, García Novo aínda recorda cando en Bos Aires o criticaban por acudir asiduamente aos oficios da igrexa ou por manter o costume de persignarse ao pasar ante un monumento relixioso, tal e como era costume na Galicia tradicional.

Este novo avó mantense todo o activo que pode e apetécelle, aínda que admite que «o frío destes días non me vai nada ben». Analiza con lucidez o seu amplo pasado, do que sente moi orgulloso, e sobre o futuro aínda ten tempo de bromear cando asegura, co seu sorriso irónico e relixioso, que «eu sei que xa estou un pouco de retirada, mais non che teño ningunha presa».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion