versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión emprende unha campaña de colecta de xoguetes e libros para Reis

[10/12/2008]

Ata o 20 deste mes estará aberto o prazo da campaña de recollida de xoguetes e libros que todos os anos promove en Concello de Brión e as asociacións xuvenís Carballeira e Denociña. O obxectivo desta campaña é que os nenos das familias con menos recursos económicos poidan recibir tamén os seus regalos de Reis.

Os veciños que desexen participar nesta iniciativa poderán entregar os libros e xoguetes na cafetaría do Centro Social Polivalente en horario de dez da mañá a seis da tarde. Dende o Concello brionés insisten na necesidade de que todos os veciños que desexen colaborar nesta iniciativa entreguen as súas doazóns ata o vinte de decembro, co obxectivo de facilitar a posterior entrega dos regalos aos pequenos, pois non se recollerán xoguetes despois desa data.

De feito, tanto o 21 de decembro como o 5 de xaneiro procederase a realizar os traballos previos á entrega dos regalos, como a revisión dos xoguetes, incorporarlle pilas e empaquetalos, entre outros. A entrega terá lugar nas casas dos nenos xusto antes do Día de Reis.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion