versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Iniciativas solidarias e conciliación copan a axenda para as festas

[10/12/2008]

Brión recollerá xoguetes e libros. Cerceda e Ordes desenvolven talleres para nenos en vacacións. A proximidade das festas de Nadal acelera a posta en marcha de iniciativas municipais centradas nos días de festexos. O Concello de Brión abre hoxe o prazo de recollida de xoguetes e libros de contos, que permitirá que os nenos de familias con poucos recursos económicos residentes no municipio poidan recibir regalos de Reis. A campaña está organizada polo Concello e as asociacións xuvenís Carballeira e Denociña. Os veciños que queiran participar poderán facer as súas entregas no centro social polivalente, de dez da mañá a seis da tarde.

Pola súa banda, Ordes porá en marcha un ano máis o programa Conciliar será doado e divertido. Será entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, entre as 9:00 e as 14:00 horas e incluirá obradoiros e xogos para todos os rapaces escolarizados no municipio, mentres os seus pais poden acudir con normalidade ao traballo. Tamén con este espírito Cerceda mantén aberto o prazo de inscrición do programa Bos días Cerceda e o campamento urbano de N adal. En canto a Negreria, mañá ás 12 na gardaría haberá teatro con Caramuxo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion