versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O ciclo Cinensino mostrará aos nenos dos primeiros cursos da ISO os perigos das drogas

[07/12/2008]

Os rapaces de entre 11 e 13 anos de Ames aprenderán cáles son os riscos e consecuencias do consumo de drogas a través da proxección de películas e un debate posterior cun experto na materia dentro do ciclo Cinensino.

A actuación desenvolverase un día por trimestre na casa de cultura de Bertamiráns e á proxección asistirán os alumnos de primeiro e segundo diso dos IES de Ames, Brión e do Xulián Magariños de Negreira, xa que son estes tres municipios os que dende o pasado mes de outubro promoven o plan de prevención de drogodependencias.

O uso de material audiovisual para o ciclo decidiuse a causa de que o cinema axuda aos adolescentes a observar, reter información e facelos críticos mediante unha linguaxe global.

Este venres tivo lugar a primeira das proxeccións do programa, e os asistentes puideron visionar Os seis signos da luz. Despois, a psicóloga técnica de prevención de drogodependencias que coordina o programa en Ames, Brión e Negreira, Sagrario Ferreira, deu unha charla aos alumnos e aos profesores que os acompañaban.

Este programa inclúese dentro dos traballos desenvolvidos no ámbito escolar, entre o que destacan actividades como a de intervención socioeducativa nas aulas, que pretende achegar aos rapaces ao problema da drogodependencia para así intentar evitala e promover o benestar social ou a posta en marcha no ensino obrigatorio do programa A saúde na escola.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion