versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Homenaxe ao decano de Brión

[09/12/2008]

Manuel García Novo celebrou onte o seu primeiro século de vida rodeado do cariño e as atencións dos seus numerosos familiares ·· Emigrante en Latinoamérica, regresou a Galicia para traballar como carpinteiro ata a súa xubilación. O restaurante O Rodicio de A Barcia acolleu onte unha celebración moi especial. Unha festa familiar para conmemorar un aniversario moi destacado, nada menos que o centenario dun veciño que xa é o varón con maior idade de todo o municipio de Brión.

Ademais, os propietarios deste establecemento, Fernando Pereiro e María Dopazo son parentes do homenaxeado, Manuel García Novo. Xunto a eles, o resto da numerosísima familia tamén estivo presente na animada celebración que tivo lugar ao mediodía.

Ao longo deste século transcorrido dende o seu nacemento en Brión, Manuel García Novo levou unha intensa vida de traballo que se desenvolveu en parte en Galicia, pero tamén en diferentes países de Latinoamérica, para regresar despois a concluír a súa actividade laboral en Brión.

Carpinteiro de profesión, Manuel fixo as maletas para emigrar en busca de máis posibilidades de traballo, o que o levou a establecerse en países como Venezuela, Arxentina ou Cuba, onde permaneceu longos anos.

Finalmente regresou a Brión, para continuar desenvolvendo o seu labor de carpinteiro, nun taller instalado no domicilio familiar, que mantivo aberto ata alcanzar a idade de xubilación aos sesenta e cinco anos.

Moito tempo pasou dende entón, pero Manuel García Novo soubo aproveitalo, e segue facéndoo, con total normalidade. Non lle falta nin o seu paseo diario nin as súas principais afeccións, como ler a prensa.

Onte esta rutina sufriu un cambio coa animada festa que compartiu rodeado dos seus familiares no restaurante. Unha ampla familia que mesmo se estende ata Estados Unidos.

A clave

Sempre informado sobre a actualidade

Manuel García Novo segue gozando dunha saúde de ferro aos seus cen anos de idade, o que lle permite desenvolver unha das súas grandes afeccións, estar ao tanto de toda a actualidade. "Non lle pode faltar o xornal", sinalan os seus familiares, destacando que tamén é asiduo seguidor dos telexornais e das noticias de actualidade.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion