versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Mes de teatro en Luou e Fontevella en Brión

[02/12/2008]

A Mámoa presentou na parroquia teense a obra 'Vostede pode ser un asasino'. O centro social de Luou acolleu o pasado domingo a representación da obra Vostede pode ser un asasino, a cargo do grupo A Mamoa Teatro de Luou. A obra obtivo un grande éxito de público, que desafiou as condicións meteorolóxicas para gozar desta escenificación que leva 22 representacións en toda a provincia. Agora, tan só restan tres, en Dodro, Mugardos e O Piñeiro, xa que A Mámoa xa traballa nunha nova obra de cara a 2009 que levará por título Só unha noite.

En Brión, o grupo Teatro Fontevella, de O Porriño, presentou o sábado no teleclub de Ons a súa obra Pra que viría eu ou médico.

A obra é orixinal de Pepe Ramilo e a compañía, formada en 1995, está integrada por persoas da terceira idade. Trátase dunha comedia.

Esta obra está incluída no primeiro ciclo de teatro afeccionado Pedra do Moucho, organizado pola asociación cultural do mesmo nome en colaboración co Concello e a Consellería de Cultura e a Fegatea (Federación Galega de Teatro Aficionado).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion