versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aprobada unha praza pública e beirarrúas en Brión

[02/12/2008]

Unanimidade para aprobar tamén o saneamento de catro aldeas. A unanimidade caracterizou o Pleno extraordinario celebrado pola Corporación de Brión para abordar as obras do Plan de Obras e Servizos (POST 2009). As actuacións incluídas neste programa suman un presuposto de 254.000 euros. A primeira delas inclúe a construción dunha praza pública e beirarrúas no paseo de Pedrouzos e a segunda consiste no saneamento de catro aldeas das parroquias de San Fins de Brión e Santa María de Cornanda.

No que respecta á praza pública, contará cun presuposto superior aos 93.000 euros. As obras incluirán o arranxo do vial e a construción dunha beirarrúa de 90 metros de lonxitude na marxe oposta ao actual IES de Brión, unha zona próxima ao centro de saúde, ao colexio e ao cuartel da Garda Civil. Ademais, aquí prevese abrir un novo vial que comunicará coa futura piscina climatizada.

Para a construción da praza, o Concello derrubará un dos almacéns municipais situados fronte ao centro de saúde. A nova praza terá dous niveis e unha extensión de 400 metros cadrados.

Tamén se aprobou o proxecto de saneamento de A Torre, Buenaventura e Trasouteiro, que permitirá sanear unha poboación de 139 veciños do concello. Esta iniciativa inclúe a construción dunha rede con canalización de PVC e os seus correspondentes pozos de rexistro.

Finalmente, a Corporación brionesa despediuse da secretaria do Concello, María Luisa López, que se xubila este ano despois de desempeñar o seu cargo durante 36 anos en Brión e tras pasar polos concellos de Padrón e Redondela.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion