versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Presidencia aproba as obras da nova consistorial de Brión

[28/11/2008]

A delegada provincial de Presidencia deu onte o visto bo á primeira anualidade da inversión comprometida pola Xunta de Galicia para a construción da nova casa consistorial de Brión, que estará concluída no ano 2010. A delegada, Aurora Moinelo, e o xefe de obras da consellería visitaron as obras en compañía do alcalde brionés, Xosé Luís García.

Aurora Moinelo e o rexedor asinaron a acta de conformidade das obras que se están a acometer na Casa do Picón. Actualmente estanse a concluír os muros de contención da planta soto, que xa foi escavada, e o forxado das plantas baixa e primeira.

O Concello de Brión sacou a concurso a obra, que foi adxudicada en 819.400 euros, 120.600 menos de estipulado en bases. A Consellería de Presidencia achega unha axuda de 335.000 euros, dos que 130.000 corresponden á anualidade do 2008, 40.000 ao ano próximo e, finalmente, 165.000 á do 2010.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion