versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aprobará beirarrúas e unha praza en Pedrouzos

[26/11/2008]

A Corporación de Teo debaterá a mellora do vial Ameneiro-Texexe-Calo e un abastecemento en Cacheiras. As corporacións de Brión, Teo e Melide reuniranse hoxe para debater as obras do POST 2009. No caso de Brión, o pleno (13.00 horas) aprobará previsiblemente os proxectos incluídos no plan, que contará cun importe de máis de 254.000 euros e que inclúe a cons trucción dunha praza pública no paseo de Pedrouzos, así como dunha rede de iluminación pública e novas beirarrúas. Tamén se dotará de novo mobiliario urbano e elementos de protección. O proxecto permitirá así mesmo a creación de 21 novas prazas de aparcamento.

O outro proxecto que se incluirá será o saneamento das localidades de A Torre, Boaventura e Trasouteiro e de Cornanda.

Por outra banda, no Concello de Teo, a Corporación tamén debaterá hoxe, a partir das 20.00 horas as obras do POST 2009. A proposta da alcaldía recolle tres actuacións cunha inversión de 437.651 euros que foron consensuadas previamente e que son o acondicionamento do vial entre Ameneiro, Texexe e Calo e o abastecemento en Lamas, Guldrís e Montes, na parroquia de Cacheiras.

A proposta da alcaldía tamén recolle o proxecto dunha obra para o plan complementario. Neste caso proponse a construción dunha ponte en Pontevea. Neste pleno, ademais, tomará posesión Juan Bautista Allercomo novo concelleiro do Partido Popular en substitución de José Vázquez Pallas, que recentemente abandonou o cargo.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion