versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Brión e Negreira traballan no primeiro plan de prevención de drogodependencias

[22/11/2008]

Os tres concellos colaboran en distintas actuacións de información e formación. Dende o mes de outubro, os concellos de Ames, Brión e Negreira están a desenvolver o primeiro plan de prevención de drogodependencias, no que se contemplan diferentes actuacións co obxectivo de chegar ao maior número de persoas posible. Representantes dos tres municipios e da Dirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencia da Consellería de Sanidade de la Xunta presentaron onte en Ames as distintas actuacións que aparecen na iniciativa. O importe de cofinanciamento ascende a un total de 50.000 euros.

A posta en marcha deste primeiro plan de prevención de drogodependencias iniciouse a partir da sinatura dun convenio de colaboración dos tres Concellos coa Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. Ao tratarse dunha iniciativa global, existen diferentes campos que ao mesmo tempo inclúen un amplo abano de programas. Así, se está a realizar unha campaña informativa dirixida á poboación en xeral, a través de dípticos e carteis nos que aparecen os diferentes ámbitos de actuación, os obxectivos e as técnicas que se levan a cabo. Así mesmo, elaborouse unha campaña específica dirixida aos mozos e centrada nas drogas e as consecuencias do seu consumo.

Nos centros de ensino puxeron en marcha catro programas diferentes, todos enmarcados no ámbito educativo e nos que participan máis de 1.500 alumnos. A intención é fomentar comportamentos positivos para un estilo de vida máis saudable e ensinar o alumnado a buscar alternativas para a resolución de problemas.

O cinema é outro dos campos nos que traballa este convenio. A través do programa Cinensino, 330 novos de primeiro e segundo da ISO aprenden a previr o consumo. Ademais outra das liñas educativas céntrase na creación dunha maior percepción do risco e en promover o benestar social evitando a situación de dependencia. Nela participan 700 estudantes de sexto de primaria.

Ademais, esta iniciativa contempla a familia, eixe fundamental para evitar a drogodependencia, de forma que se informa e se ofrece a colaboración ás Anpas, centros escolares e ás familias en xeral. Tamén se pretende poñer en marcha un programa de intervención familiar para pais de escolares. Á parte, este primeiro plan tamén conta cun servizo de prevención de drogodependencias situado na praza do Concello de Bertamiráns.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion