versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os veciños de O Enxo, en Brión, estrean un lavadoiro público que solicitaron ao Concello

[13/11/2008]

A veciñanza de O Enxo, no municipio de Brión, goza dende hai uns días dun lavadoiro a construción do cal solicitaran ao Concello.

Os traballos comezaron hai un mes aproximadamente. Os operarios municipais construíron a estrutura, de deseño tradicional, nunha zona cunha toma de auga de gran calidade. Para garantir a subministración foi necesario canalizar o regueiro do lugar a través dunha canalización que serve de desaugadoiro.

O deseño do lavadoiro permite tamén que os veciños do lugar poidan tender a roupa ao aire libre. Antes do novo lavadoiro, os veciños deste núcleo rural utilizaban unha rudimentaria presa construída con varias pedras do arrastro do Enxo, que dá nome a este núcleo de poboación.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion