versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión cultiva nas aulas o respecto á diversidade cultural

[15/11/2008]

Máis de cen alumnos combaten os estereotipos mediante a comunicación

Máis de cen alumnos do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos e do instituto de Brión están a comprobar en carne propia como nada nin ninguén se libra dos estereotipos, sobre todo cando se trata de asuntos relacionados coa emigración e as diferenzas interculturais.

Dende hai varias semanas, estes escolares dedican parte da súa xornada lectiva a coñecerse mellor e a achegarse a outras culturas que en moitos casos identifican con alumnos do propio centro. Traballar en grupo e conseguir que os nenos e novos exprésense con total liberdade e respecto é o primeiro reto do taller intercultural no que participan cada semana.

A sesión de onte, a penúltima, versou sobre a importancia da comunicación non verbal mediante o desenvolvemento de exercicios de expresión corporal. Tamén traballaron na supresión dos estereotipos físicos á hora de, por exemplo, definir un bo estudante, (a imaxe de desaliño e lentes de grande aumento aínda segue en voga) e sobre todo na visión que os mozos teñen de persoas doutras razas ou de persoas doutros países.

Á pregunta de se a inmigración é positiva, unha boa parte dos alumnos responderon cun si do máis matizado co argumento de que están dispostos a traballar por un menor salario e que isto supón un risco para a poboación nativa, aínda que tamén houbo quen destacou que asumen traballos que practicamente ningún autóctono asumiría.

Respecto aos costumes

Tras esta reflexión, á pregunta de se os emigrantes deben asumir a cultura do país que os recibe a mensaxe predominante que onte lanzaron os novos brioneses foi o do respecto mutuo. No que houbo un consenso practicamente xeneralizado foi no recoñecemento de que a orixe e a cultura dunha persoa cando se trata das cousas do amor e da familia non é un factor que consideren determinante.

E malia o que puidese parecer, nalgúns casos os mozos recoñecen que a relación entre a súa familia e a da persoa coa que manterían unha relación de parella si o é.

Tras as clases, a directora do taller, Esther Rodríguez, recoñeceu que tras o «caos» da xornada inicial, os alumnos son menos remisos a transmitir as súas opinións e participar en debates que lles serven para chegar á conclusión de que se algo enganan, son as aparencias.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion