versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión contrata as obras da nova consistorial e consegue unha rebaixa de 140.000 euros

[18/11/2008]

O prazo máximo de execución do proxecto de rehabilitación é de 24 meses. O Concello de Brión pechou o proceso de adxudicación das obras de rehabilitación da futura casa consistorial, que se situará no ámbito da carballeira de Santa Minia, moi preto das actuais dependencias, que se reconverterán na casa de cultura cando a nova sede estea lista. As obras executaraas a empresa Outón, que presentou unha oferta económica que ascende a 819.400 euros, IVE incluído. Esta cantidade supón un recorte respecto ao presuposto do concurso de preto de 140.000 euros.

Tras a adxudicación, o seguinte paso será a sinatura da acta de reformulo para que poidan comezar as obras. A partir dese momento comezará o cómputo do prazo de execución do proxecto, que segundo as bases do concurso é de vinte e catro meses.

Cando a obra estea rematada e o novo inmoble estea equipado haberá un importante movemento de servizos públicos locais. Así, a reconversión da actual casa do concello como casa de cultura permitirá que o inmoble que nestes momentos se dedica a esta actividades culturais se transforme nun centro de información e formación de novas tecnoloxías.

A elección da coñecida como Casa do Picón permitirá rehabilitar un edificio antigo de Pedrouzos e garantirá que neste núcleo de poboación se concentren a práctica totalidade de servizos e equipamentos municipais de Brión.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion