versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Teo e Brión terán 1.348 vivendas de protección pública

[06/11/2008]

O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial contempla tamén máis de tres mil pisos no norte de Santiago

O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, promovido pola Consellería de Vivenda para favorecer a construción de inmobles de protección pública, prevé que os concellos de Ames, Teo e Brión dispoñan a medio prazo dun total de 1.358 vivendas protexidas. A este dato hai que engadir máis de tres mil no termo municipal de Santiago de Compostela, ata un total de 4.600 inmobles planificados na área de Compostela, na que o 65% das vivendas por construír se situarán na capital de Galicia. No caso compostelano, todas se situarán na zona norte, concretamente en Mallou, preto de Amio.

Este volume inmobiliario para Compostela e o seu ámbito supón preto do 10% das previsións da Consellería de Vivenda para toda Galicia, que suman 45.600 vivendas repartidas en 57 concellos, á súa vez agrupados nas áreas de influencia das grandes cidades.

Setecentas vivendas en Ames

Dos tres municipios que conforman a área metropolitana de Santiago e que están incluídos neste plan sectorial de chan, o que disporá de máis vivendas será Ames, cun total de 706 pisos de protección, un número ao que se engadirán un total de 177 máis de prezo libre.

Tendo en conta as características xeográficas e demográficas de Ames, os inmobles repartiranse en dúas áreas, unha en Milladoiro e outra en Bertamiráns. No primeiro caso, o enclave elixido é a zona de Galdrachán, unha superficie urbana na que nestes momentos se concentra o desenvolvemento inmobiliario de Milladoiro e no plan parcial da cal se situará o parque comarcal de bombeiros e o futuro instituto de secundaria. Preto destes equipamentos construiranse, baseándose nas previsións do plan sectorial autonómico, un total de 464 vivendas protexidas e 116 de venda libre.

A segunda zona amiense é a de Pedregal, na zona urbana de Bertamiráns, capital do municipio. Neste lugar, Vivenda contempla a construción de 242 inmobles, número ao que se engadirán 61 máis pero de venda libre.

Montouto terá 455 pisos

O segundo municipio da área compostelana en volume de previsións de vivenda protexida é o de Teo. A diferencia de Ames e Brión, neste concello soamente está prevista a construción de vivenda pública, cun total de 455 pisos no ámbito de Montouto, moi preto de Cacheiras e nunha área moi ben comunicada coa futura autovía de conexión con Santiago.

Desenvolvemento en Pedrouzos

A zona elixida para a promoción de vivenda pública en Brión é a de Pedrouzos, nun enclave de doado acceso coa nova autovía. O plan sectorial de chan neste municipio prevé a construción de 187 vivendas protexidas, número ao que se engadirán 47 inmobles de construción libre.

En todos os casos, o desenvolvemento dos plans urbanísticos necesarios para executar os proxectos permitirá aos concellos contar con zonas verdes e parcelas de equipamentos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion