Un magosto con chocolate, esta tarde en Brión para todos os veciños
[21/11/2008]
O Concello de Brión invita os veciños a un magosto popular que terá lugar esta tarde ás 19.00 horas na carballeira de Santa Minia. Trátase dunha festa tradicional na que o Concello ofrecerá aos veciños castañas e chocolate quente. Na carballeira haberá tamén unha churrería e unha pulpería e a actuación dun grupo de música tradicional galega.