versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Máis de mil vivendas e empresas da área urbana de Brión terán liña de R antes de que remate o ano.

[15/11/2008]

A empresa galega de telecomunicacións R dará servizo antes de que remate o ano a mil cen fogares e empresas dos núcleos de poboación urbana de Os Ánxeles e Pedrouzos, en Brión. De feito, nestes momentos algunhas urbanizacións xa están conectadas a este sistema de fibra óptica e outras farano en breve dependendo da evolución dos traballos e da tramitación dalgúns permisos para o paso da rede preto dalgunha das estradas.

Segundo os datos facilitados onte por R, a empresa xa completou unha primeiro fase coa acometida de 5,6 quilómetros de obra civil, o que permitiu instalar xa un tramo de tres quilómetros de fibra óptica.

O rexedor de Brión, Xosé Luís García; o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, Luís Barcia; e o director de división de rede de R, Xullo Sánchez Agrelo; presentaron onte no centro polivalente de Brión a obra e destacaron a importancia de que o municipio, xunto con Ames e Teo dispoña nalgunhas zonas de rede de fibra óptica.

O alcalde destacou que algúns veciños xa acudiran ás dependencias municipais para preguntar cando poderán conectarse a R e sinalou que para o Concello contar con tecnoloxías en materia de comunicación é fundamental. Como exemplo García recordou que Brión puxo en marcha n colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela un plan que se concretou na instalación de puntos de Internet en locais públicos e bares do municipio con acceso libre e gratuíto.

O delegado de Industria, Luís Barcia, aludiu na súa intervención ao esforzo económico da consellería para financiar a implantación de novas tecnoloxías e anunciou que os parques empresariais de Galicia disporán de comunicacións de banda ancha ao longo do próximo ano.

Sánchez Agrelo destacou a colaboración do Concello brionés para executar o proxecto e recoñeceu que a implantación da fibra óptica en todos os núcleos de poboación resulta economicamente inviable, polo que a solución está en apostar en sistemas de comunicación de calidade pero sen cable.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion