versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

R dotará este mes a uns 1.100 fogares e empresas de Brión de teléfono, Internet e televisión dixital

[17/11/2008]

O Concello de Brión recibirá a partir deste mes os servizos de telefonía, Internet e televisión dixital de R. Segundo as estimacións da empresa, serán 1.100 os fogares e empresas do municipio os que poderán contar cunha conexión directa aos devanditos servizos.

O pasado venres, o alcalde brionés, Xosé Luis García; o delegado da Consellería de Innovación na provincia de A Coruña, Luís Barcia; o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, e o director da división de rede desta empresa, Xullo Sánchez Agrelo, explicaron os pormenores da ampliación da cobertura da compañía neste municipio. Por agora R xa investiu ao redor dun millón de euros nas tarefas de adaptación da rede no núcleo urbano, o que supuxo acometer 5,6 quilómetros de obra civil para que se estendesen un total de tres quilómetros de fibra óptica.

Xosé Luis García asegurou que "é unha satisfacción que os veciños e empresas de Brión poidan gozar dun servizo de telecomunicacións de última xeración"
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion