versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames, Brión, Padrón e Teo entre cómicos

[10/11/2008]

A fin de semana atraeu a centos de amantes do teatro e a música local aos actos comarcais do outono cultural ·· Os grupos afeccionados foron os grandes protagonistas nas actividades dos catro concellos

O outono cultural que invade os distintos municipios de Terras deu protagonismo ao longo desta fin de semana aos grupos de teatro afeccionado e as bandas de música en Ames, Brión e Teo.
Grupos de teatro afeccionado de Val do Dubra, Muros e Ames déronse cita nas casas de cultura das localidades amienses de O Milladoiro e Bertamiráns para interpretar obras como Praza, interpretada polos alumnos do taller de teatro de Ames; Amantes, con alumnos do taller de Muros e Adeus, Kleinman, intepretada por Milladoiro Falcautrada de Val do Dubra. En Brión iniciouse o sábado o primeiro ciclo de teatro afeccionado Carballeira, coa actuación do grupo compostelano Ditea, con comedia Aquí cheira a morto.
En Padrón a compañía Badius abría o ciclo de teatro de novembro coa escenificación de Sucursal nº 13. E en Luou (Teo) a mesma compañía tamén era a encargada de dar o pistoletazo de saída ao mes teatral.

NOVIDADES

Pinguela Teatro estréase con 'Razóns de peso' en A Estrada
Despois de compartir escenario en obras de éxito como 'Ensalada de Mosquito'', Ana Ponte e Chelo do Rejo, decidiron emprender xuntas unha nova aventura teatral. As actrices estradenses da canteira de Tirinautas estréanse en produción coa comedia 'Razóns de peso', con iníciaa a súa andaina Pinguela Teatro. A comedia, dirixida por Anabel Gago, poderá verse o venres 14 e sábado 15 ás 21.30 horas no Principal estradense. Clara Gayo escribiu para elas o texto da obra na que as diferenzas físicas das actrices levan o peso. A produción, con selo feminino, promete.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion