R implantarase dende este mes en Brión
[15/11/2008]
Mil cen vivendas e empresas do concello poderán acceder a este servizo integrado.
O Concello de Brión recibirá os servizos de R dende este mes. Así o confirmaron onte o director da división de rede da sinatura, Xullo Sánchez Agrelo, e o delegado de Industria da Xunta de Galicia, Luis Barcia, no centro social polivalente brionés. A implantación da fibra óptica supón que Brión entre a formar parte do grupo de cidades e de concellos de Galicia que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego está disposto a despregar en toda a comunidade autónoma. Neste sentido, R prevé levar o teléfono, Internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil a 1.100 vivendas e empresas, cunha inversión aproximada dun millón de euros. O groso destas actuacións centrarase na zona baixa do concello, a máis urbanizada. Luis Barcia sinalou, neste sentido, que este proxecto de implantación da fibra óptica se levará a cabo naquelas zonas onde existan 500 unidades intercomunicadas. Ao respecto da zona máis rural, recordou que se trataba dun proceso máis lento que requiría un importante esforzo por parte da Consellería de Innovación e Industria.
O alcalde de Brión, Xosé Luis García, concluíu mostrando a súa satisfacción polo acordo tomado por "esta empresa galega" e deu os seus agradecementos.
Enlace a El Correo Gallego